COTAS DE SOCIO E LICENZAS 2014 Hola a tod@s, dirixímonos a vós para informarvos, como xa saberedes, que cumplimos o nodo segundo ano como asociación, polo que é hora de renovar licenzas e cotas de socios. Tamén poderá agregarse xente nova que será ben recibida. Admitimos xente que non queira facerse socio/a e sí queira facer licenza, tanto de ciclismo coma de orientación.
Prazo límite para facer o pago 31 de marzo. Os beneficios de ser socio son os seguintes: Dependendo do diñeiro recardado da publicidade dos patrocinadores, cada socio terá unha cantidade de diñeiro, (que estes dous años foi de 23 euros) destinados para a compra de roupa da asociación e tamén facemos un baremo a final de ano dependendendo das asistencias a probas, representando á asociación e das colaboracións nas probas que organizamos. Na próxima asamblea decidirase a cuantía do remanente que se destinara a estos efectos, da división desta cuantía polo número total de puntos obtidos polos socios, obterase a cuantía, que se multiplicara polos puntos que cada socio obtivo no baremo.
Puntuación maxima 6 Puntos. Este ano temos pensado organizar:
A continuación detallámosvos os prezos das licenzas de ciclismo e de orientación: LICENZAS CICLISMO - TEMPADA 2014 Os que renovedes a licenza do ano anterior só tedes que pasar por Apemax a asinar a renovación que nos enviou a federación, antes chamar para quedar con Alfredo. Os demais tedes que cubrir o formulario que se achega, e unha fotocopia do DNI. Instrucións para cubrir o formulario: No apartado 1 Categoría, en Nacional, escribides a licenza que queredes (Cicloturista, máster 30, máster 40, máster 50, máster 60, sénior, elite, júnior). No apartado 2 Especialidade, seleccionades as modalidades que practicades (tranquilos é só con carácter estatístico) No apartado 3 Datos do solicitante, cubrides os vosos datos. Agora só vos queda asinar na segunda folla, non poñades data, e enviádeo por email btt@adjarnachas.com ou entregádeo en Apemax Avda. Alcalde Manuel Platas Varela 93, 1, Vilarrodís, Arteixo.
LICENZAS ORIENTACIÓN E RAID TEMPADA 2014 Tanto para renovar como para novas licenzas, só tedes que cubrir o formulario que está ó final desta páxina. Os corredores menores de 20 anos pagarán a licenza de tipo C aínda que se inscriban en categorías superiores. LICENZAS NACIONAIS
LICENZAS GALEGAS
Tamén se realizará unha asemblea xeral o venres 27 de decembro ás 20:00 horas en Apemax, enderezo: Avda. Alcalde Manuel Platas Varela 93, 1, Vilarrodís, Arteixo. Formulario Esperamos contar con tod@s vós de novo, un saúdo e felices festas. |
Noticias >