Noticias‎ > ‎

COTAS DE SOCIO E LICENZAS 2013

publicado a la‎(s)‎ 14 dic. 2012 0:52 por AD Jarnachas   [ actualizado el 21 dic. 2012 3:00 ]


Hola a tod@s, dirixímonos a v
ós para informarvos, como xa saberedes, que cumprimos un ano como asociación e polo que é hora de renovar licenzas e cotas de socios. Tamén poderá agregarse xente nova que será ben recibida.


Para todo iso debedes cubrir o formulario que está ao final da páxina e ingresar as cantidades pertinentes no seguinte número de conta de 
La Caixa: 2100 5902 74 0100060661, especificando nome e apelido + cota socio ou licenza (ciclismo, raid ou O-Pe).


En breve teremos dispoñible unha pasarela electrónica na nosa web, para que poidades realizar todos os pagamentos a través dela.


Recordarvos que a cota de socios é de 30 euros anuais, socio familiar (familiares que dependan economicamente dun socio) 1 euro, socio aspirante (menores de 18 anos) 15 euros.


A continuación detallámosvos os prezos das licenzas de ciclismo e de orientación:


LICENZAS CICLISMO - TEMPADA 2013

Os que renovedes a licenza do ano anterior só tedes que pasar porApemax a asinar a renovación que nos enviou a federación, antes chamar para quedar con Alfredo.

Os demais  tedes que cubrir o formulario que se achega, e unha fotocopia do DNI. 

Instrucións para cubrir o formulario:

No apartado 1 Categoría, en Nacional, escribides a licenza que queredes (Cicloturista, máster 30, máster 40, máster 50, máster 60, sénior, elite, júnior).

No apartado 2 Especialidade, seleccionades as modalidades que practicades (tranquilos é só con carácter estatístico)

No apartado 3 Datos do solicitante, cubrides os vosos datos.
Agora só vos queda asinar na segunda folla, non poñades data, e enviádeo por email btt@adjarnachas.com ou entregádeo en Apemax Avda. Alcalde Manuel Platas Varela 93, 1, VilarrodísArteixo.

Os prezos son os seguintes:

 

Categoria Cota
 Principiantes                         33€
 Alevins 33€
 Infantis 33€
 Cadetes 47€
 Junior 55€
 Sub 23 95€
 Elite 95€
 Master 30 70€
 Master 40 70€
 Master 50 70€
 Master 60 70€
 Senior 75€
 Cicloturista 60€

 

LICENZAS ORIENTACIÓN E RAID 

TEMPADA 2013

Tanto para renovar como para novas licenzas, só tedes que cubrir o formulario que está ó final desta páxina.

Os corredores menores de 20 anos pagarán a licenza de tipo C aínda que se inscriban en categorías superiores.

Os prezos son os seguintes:


 Tipo            Categorias O-Pie Categorias O-BM Cota
 A1     H/D - E  55€
 B1 >21 ANOS  55€
 C1 <=20 ANOS  22€
 A2  H/D - SENIOR A 50€
 
B2
 

H/D-SeniorB, H/D Vet A (>=40 años), H/D Vet B (>=50 años)

 
50€
 C2 H/D-Junior(<=20 años), 
H/D-Xuvenil (<=18 años)
 20€
 R Raid (tamén válida para probas de Ski-O) 65€
 RI Raid Internacional (tamén válida para probas de Ski-O) 90€

Tamén se realizará unha asemblea xeral o xoves 27 de decembro ás 20:30 horas en Apemax, enderezo: Avda. Alcalde Manuel Platas Varela 93, 1, VilarrodísArteixo.

Formulario
 

Esperamos contar con tod@s vós de novo, un saúdo e felices festas.

Comments