Noticias‎ > ‎

DUATLÓN CROSS POPULAR CONCELLO DE ARTEIXO

publicado a la‎(s)‎ 5 feb. 2013 4:11 por AD Jarnachas   [ actualizado el 27 jun. 2013 0:48 ]


CERRADO O PRAZO DE INSCRICIÓN.




O vindeiro 
Sábado, 22 de xuño, a partir das 16:00 horas, terá lugar o I Duatlón Cross popular Concello de Areixo.

LUGAR: Igrexario de Loureda

Formulario de Inscrición (CERRADO)


Perfís

Tracks e mapas

Listado provisional de inscritos








FORMATOS DE CARREIRA:

  • Mini Duatlón Nenos 6-14 anos (límite 50 prazas). 500 m-2-km 500 m

  • Proba súper sprint Duatlón cross. Adultos e nenos de 14 a 18 anos (límite 100 prazas). 3 km -8 km -3 km

  • Proba sprint Duatlón Cross. Só maiores de 18 anos (límite 150 prazas).    6 km -24 km -3 km

DESCRICIÓN DOS PERCORRIDOS.

  • Mini Duatlón Nenos 6-14 anos (500 m – 2 km - 500 m)

        Correranse 500 metros para despois coller as bicis e realizar 2 quilómetros en bici. Deixaranse de novo as bicis e vólvese correr outros 500 metros. Haberá unha zona aparte de boxes para os nenos na que poderá estar un pai ou nai para axudarlle a facer o cambio de correr para montar en  bici e da  bici para volver correr.

  • Proba súper sprint Duatlón cross. Adultos e nenos de 14 a 18 anos (límite 100 prazas). (3 km -8 km -3 km)

        Comézase correndo 3 km a pé, dándolle unha volta ao circuíto no sentido das agullas do reloxo. Despois recóllese a bici de montaña e dáse unha volta ao circuíto de 8 quilómetros. Voltarase deixar a bici nos boxes e darase outra volta ao circuíto de carreira a pé, pero no sentido oposto ás agullas do reloxo.

  •  Proba sprint Duatlón Cross. Só maiores de 18 anos (límite 150 prazas).  (6 km -24 km -3 km)

        Comézase correndo a pé 3 km, dando dúas voltas ao circuíto no sentido das agullas do reloxo. Despois recóllese a bici e danse tres voltas de 8 quilómetros ao circuíto en bicicleta de montaña. Volverase  deixar a bici nos boxes e daráselle outra volta ao circuíto de carreira a pé, pero no sentido oposto ás agullas do reloxo.

 PREZOS INSCRICIÓNS 

DATA LÍMITE 18 DE XUÑO AS 22:00 HORAS

Inscrición adultos: 13 euros.

Inscrición de 14 a 18 anos na proba súper sprint con autorización paterna: 8 euros.

Inscrición nenos desde 6 até 14 anos: 5 euros.

 

Para facer a inscrición deberá facerse o pagamento da cantidade pertinente no seguinte número de conta de La Caixa 2100 5902 74 0100060661 indicando no concepto nome e apelidos e o nome da proba na que se inscribe (mini duatlón nenos, proba súper sprint ou proba sprint)

DEBERASE ENVIAR O XUSTIFICANTE DE PAGAMENTO E A AUTORIZACIÓN PATERNA NOS CASOS QUE SEXA NECESARIO, Á SEGUINTE DIRECCIÓN DE CORREO running@adjarnachas.com

HORARIOS DE SAÍDA:
Horarios saída nenos : 16:00 horas
Horario saída súper sprint: 17:00 horas
Horario saída Sprint: 17:00 horas

TROFEOS:
As medallas dos nenos daranse ao acabar a sua carreira.
Categoría nenos: 

6-8 anos Masculino: Medallas aos 3 primeiros.

6-8 anos Feminina: Medallas as 3 primeiras.

8-10 anos Masculino: Medallas aos 3 primeiros.

8-10 anos Feminina: Medallas as 3 primeiras.

12-14 anos Masculina: Medallas aos 3 primeiros.

12-14 anos Feminina: Medallas as 3 primeiras.

Haberá un obsequio para todos os nenos/as.


Os trofeos das carreiras súper sprint e sprint daranse a partir das 19:30 horas.

Categoría súper sprint:

Masculino absoluto: Trofeos para os 3 primeiros.
Feminina absoluta: Trofeos para as 3 primeiras.
Masculino veterano: Trofeos para os 3 primeiros.
Feminina veterana: Trofeos para as 3 primeiras.

Categoría sprint:
Masculino absoluto: Trofeos para os 3 primeiros.
Feminina absoluta: Trofeos para as 3 primeiras.
Masculino veterano: Trofeos para os 3 primeiros.
Feminina veterana: Trofeos para as 3 primeiras.

Haberá sorteo de agasallos ao acabar a entrega de trofeos.

DORSAIS:

Entrega de dorsais de 15:00 a 16:30 horas.
Deberá levarse na parte dianteira da camiseta e na bici.


PECHAMENTO DA META

Pecharase os boxes ás 19:30 horas, polo cal os que cheguen mais tarde desa hora de facer a seccion de bici non poderan correr a seccion a pe.


COLOCAR MATERIAL NA ZONA DE TRANSICIÓN

        A zona de transición estará aberta desde as 15:30 horas até as 16:30 horas. A partir desa hora non se poderá colocar máis material na zona de boxes, nin se poderá retirar material até rematar a última carreira.


MEDIO AMBIENTE

        A Organización solicita encarecidamente que se manteña o trazado do percorrido a realizar limpo de desperdicios (envoltorios de xeles, barriñas, plásticos, papeis, ...).

 DUCHAS:

Campo de fútbol de Arteixo.

 REGULAMENTO

        É moi aconsellable levar algún tipo de portabidón ou mochila con recipiente de auga durante a proba, así coma un cortavento en caso de condicións meteorolóxicas adversas.

        O dorsal débese colocar na parte dianteira da camiseta.

       A organización terá o percorrido completamente balizado, e os participantes deberán seguilo estritamente e nunca atallar; para o seu control haberá diferentes membros da organización en diferentes puntos.

        Esta proba realizarase nun trazado que non se encontra pechado ao tráfico; de aí que os participantes terán que respectar en todo momento as normas de circulación.

        Todo participante tenlle que prestar axuda a outro participante accidentado e comunicarllo ao control que estea máis próximo ou a calquera persoa da organización.

        Todo participante ten que deixar adiantar aos corredores que lle precedan e pidan paso facilitando a manobra na zona, de forma que non ocasione risco ningún para os participantes.

      Queda estritamente prohibido tirar botellas, vasos, papeis ou calquera outro desperdicio fóra das zonas habilitadas pola organización. O non cumprimento desta regra será motivo de descualificación inmediata.

       No caso de que un participante queira retirarse da proba, deberao comunicar e entregar o seu dorsal. A partir deste momento asume toda a responsabilidade sobre a súa integridade física, quedando así a organización libre de toda responsabilidade.

        A organización terá un seguro de accidentes para os participantes o día da proba. Queda excluída a Responsabilidade Civil dos danos ocasionados polos participantes a terceiros, non podendo culpar en ningún caso á organización de ditos danos.

        O feito de inscribirse supón a aceptación do regulamento.

        Calquera incumprimento do regulamento será motivo de descualificación.

Comments