Noticias‎ > ‎

II Ruta BTT Jarnach@ 2015

publicado a la‎(s)‎ 1 ago. 2015 9:22 por AD Jarnachas   [ actualizado el 29 sept. 2015 3:30 ]

II Ruta BTT Jarnach@ 2015

A “II Ruta Jarnach@ de BTT Concello de Arteixo”, que discorrerá polos montes pertencentes ós Concellos de Arteixo, Laracha e Carballo,  levarase a cabo o día 6 de Setembro de 2015 e a saida será as 9:30 h. 

Cartel



FORMATOS DE CARREIRA:

Ruta Curta de 30 km

Dificultade media-alta. Un so avituallamento sólido e líquido.

Ruta longa 50 Km

Dificultade media-alta. Dous avituallamentos sólidos e líquidos.

Inscrición: 
10 €, por participante. (andaina gratuíta para acompañantes)

Cada 6 inscricíons dun equipo, regalamos unha, e asi sucesivamente.

Inscrición soci@s:gratuíta.

Para facer a inscrición farase dende a paxina web da asociación www.adjarnachas.com, cubrindo o formulario de inscrición (cada participante o seu) para a ruta, despois deberá facerse o pagamento da cantidade pertinente no seguinte número de conta de La Caixa ES49 2100 5902 740100060661 indicando no concepto nome e apelidos e o nome da proba na que se inscribe (Ruta curta ou longa)

DEBERASE ENVIAR O XUSTIFICANTE DE PAGAMENTO, Á SEGUINTE DIRECCIÓN DE CORREO btt@adjarnachas.com


- No  caso  de  facer  un  pago  para  varios  participantes,  enviar  no  correo electrónico, a parte do xustificante de pago, unha  relación  donde apareza nome e apelidos de cada participante.

Este ano tamén haberá unha andaina totalmente gratuita para os acompañantes, ata a virxe dos milagros de Caión, con volta en autobús.


LUGAR DE SAIDA:
Campo de futbol de Arteixo

Campo de futbol de Arteixo


HORARIOS:

Horarios saída: 9:30 horas

Horario de entrega de dorsais: Poderanse recoller no Decathlon de Marineda entre os días 1 e 5 de setembro, recibindo un agasallo por parte da citada área comercial.

O día da proba: Entrega de dorsais de 08:00 a 09:00 horas. 
Deberá levarse na parte dianteira da bicicleta.

TROFEOS:
Clube mais numeroso.
A veterana
O veterano

Entrega de regalo, pinchos e bebida ó finalizar a proba.

Haberá sorteo de agasallos ao acabar a entrega de trofeos.


PECHE DA META:
Pecharase a meta ás 14:30 horas.

INSCRICIÓNS:
Para facer a inscrición para a ruta btt cubride o seguinte formulario

Para facer a andaina cubride este formulario

DESCARGAS: Regulamento.

- Track II Ruta Btt - Longa (50Km)
- Track II Ruta Btt - Curta (30Km)


FOTOS:

    - Fotos Enrique Ochoa - (Desafio)
    - Fotos Enrique Ochoa II - (Sisalde)
    - Fotos Luis Teixeira I - (On the road)
    - Fotos Luis Teixeira II - (Llegada)
    - Fotos Luis Teixeira III
    - Fotos Paula Naya I - (Preparación e saida)
    - Fotos Paula Naya II - (Posto 4)
    - Fotos Paula Naya III - (Pinchos e photocool)


Vídeo de YouTube


Comments