Sección Raids


Nesta sección poñeremos todo o referente ó mundo dos raids, pra contactar con nos en orientacion@adjarnachas.com

¿Que é un raid?

raid

O Raid de Aventura é unha competición multidisciplinar destinada a probar a capacidade de resistencia, de navegación e de supervivencia de equipos en completa autonomía.

Os participantes deben completar un extenso recorrido de orientación, no menor tempo posible, superando as dificultades naturais que encontren ó seu paso, utilizando exclusivamente as suas propias forzas, sen recibir axuda externa, nin valerse de medios motorizados (a pe, btt, canoa, esquís… cascos, cordas, guantes, bastóns…).

O percorrido ha de ser desconocido de antemán e organizase en etapas, seccións, probas especiais e puntos de control intermedios, de paso obrigado ou voluntario. O itinerario entre controis é libre é non estará sinalizado no  terreo.

PRINCIPAIS RASGOS DUN RAID DE AVENTURA:

(1) Multidisciplinar: ó largo da proba sucédense varias disciplinas deportivas relacionadas co medio natural, vistas dende a filosofía da aventura (grandes sensacións – pequenas dificultades técnicas), sin estar estandarizado o tipo, a cantidade ou o orden en que elo poida facerse.

(2) Por equipos: a participación é por equipos, estando obrigados os seus compoñentes, por cuestións de seguridade, a competir xuntos en todo momento.

(3) De resistencia: son probas de larga duración, en condicións extremas, co obxeto de poñer a proba tanto a capacidade de resistencia física como psicolóxica dos participantes.

(4) De navegación: o percorrido non está sinalizado e é secreto hasta a saida, o que supón a necesidade de obter a información do itinerario por fontes no habituais, como o mapa.

(5) De supervivencia: os equipos son autosuficientes durante o percorrido, poidendo chegar a estar varios días sin recibir axuda externa; avanzando de día e de noite, vivaqueando á intemperie e loitando contra os elementos. A estratexia loxística ten gran relevancia.

raid

foto

(6) Percorrido de orientación: o percorrido é desconocido de antemán, e estructurase en base a unha sucesión de controis de paso obrigado ou voluntario, entre a saida e a meta, sendo a elección do itinerario entre eles libre.

(7) Uso de mapas: a principal fonte de información sobre o percorrido son os mapas, o que exixe a posta en acción de habilidades de orientación para o seu máximo aproveitamento.

(8) Dificultades naturais: a propia orografía, a vexetación e os obstáculos naturais son os que marcan os verdadeiros atractivos e dificultades da proba. Aproveitanse no seu estado natural para plantexar sobre eles as distintas disciplinas, seccións e probas especiais, sempre de forma respetuosa e compatible co  medio.

(9) Elementos non motorizados: xeralmente só se permite la utilización de medios deportivos non motorizados, de locomoción e de seguridade, para o desprazamento polo terreo e para superar as dificultades e probas especiais da proba.

(10) Contra o reloxio: os resultados das seccións e probas especiais  expresanse en tempo. O equipo que menos tempo invirta en completar todo o percorrido será o ganador.



CALENDARIO 2016

Comments