AD JARNACHAS

A Asociación Deportiva Jarnachas nace no 2011 para fomentar o deporte no concello de Arteixo. Realiza actividades en bicicleta, senderismo, trails, populares...

Conta con máis de 150 socios. Organiza o Trail concello de Arteixo e a Marcha Jarnacha Btt, ademáis doutros pequenos eventos para socios e colabora co concello Arteixo en diversas actividades.

Agradecer a todos os socios que forman parte desta pequena familia a súa participación en eventos da AD e doutros clubes para seguir existindo, así tamén coma os nosos patrocinadores:

La Fábrica Arteixo Marenor, cetárea de Caión Estudio M fotografía

Restaurante Nado Asador Arde Lucus

Tramitación de licenzas e socios 2020

Só se tramitarán licenzas a soci@s 2020, pagando no momento de alta a cuota e a licenza escollida.

PULSAR AQUI PARA COMEZAR A TRAMITAR

Os socios terán 20€ de desconto no pedido da roupa da AD, marca NORTHBOAR. Poderán participar gratis no Trail Concello de Arteixo e na Marcha Jarnacha Btt; noutras actividades a prezos especiais e algún desconto con colaboradores da AD. Os socios que optén por axudar nas labores da AD serán recompensados con descontos en futuras compras de roupa ou de regalos.

A AD pon a disposición gratuitamente dos seus socios o seguinte material: carpas de 3x3M, portabicicletas, raquetas e crampons para neve, camara de acción Garmin Virb e Gps Garmin Etrex.

Os prezos das licenzas os que se lles suman os 30€ de socio son:

Montaña: A 72€, B 76€, C 122€, D 176€, E 779€, OT 52€, AU 53€ e suplemento de BTT + 28€

Enlace a páxina da federación galega de montaña para ver todos os prezos e coberturas dispoñibles

Ciclismo: elite ou master 105€ e os cicloturistas 91€