AD JARNACHAS
A Asociación Deportiva Jarnachas nace no 2011 para fomentar o deporte no concello de Arteixo. Realiza actividades en bicicleta, senderismo, trails, populares...
Conta con máis de 150 socios. Organiza o Trail concello de Arteixo e a Marcha Jarnacha Btt, ademáis doutros pequenos eventos para socios e colabora co concello Arteixo en diversas actividades.
Agradecer a todos os socios que forman parte desta pequena familia a súa participación en eventos da AD e doutros clubes para seguir existindo, así tamén coma os nosos patrocinadores:
La Fábrica Arteixo Marenor, cetárea de Caión Estudio M fotografía
Tramitación de licenzas e socios 2021
Todos os socios 2020, seguirán sendo socios en 2021 sen ningun coste.
Só se tramitarán licenzas a soci@s 2021, pagando os novos socios no momento de alta a cuota e a licenza escollida.
PULSAR AQUI PARA COMEZAR A TRAMITAR
Os socios poderán participar gratis no Trail Concello de Arteixo e na Marcha Jarnacha Btt; noutras actividades a prezos especiais e algún desconto con colaboradores da AD. Os socios que optén por axudar nas labores da AD serán recompensados con descontos en futuras compras de roupa ou de regalos.
A AD pon a disposición gratuitamente dos seus socios o seguinte material: carpas de 3x3M, portabicicletas, raquetas e crampons para neve, camara de acción Garmin Virb, Gps Garmin Etrex e bolsa semirixida para transporte de bicicleta.
Os prezos das licenzas son:
Montaña: A 72€, B 76€, C 122€, D 176€, E 779€, OT 52€, AU 53€ e suplemento de BTT + 28€
Ciclismo: elite ou master 105€ e os cicloturistas 91€. Para as renovacións durante xaneiro e febreiro a Federación de ciclismo aplica un desconto de 5€ a cada licenza.
A estes prezos haberá que sumar os 15€ para novos socios.
As licenzas tramitaranse nas distintas federacións os días 1 e 15 de cada mes

