Cotas de socio e licenzas 2016
Fecha de publicación: 07-ene-2016 11:30:57
COTAS DE SOCIO E LICENZAS 2016
Hola a tod@s, dirixímonos a vós para informarvos, como xa saberedes, que cumplimos o noso cuarto ano como asociación, polo que é hora de renovar licenzas e cotas de socios. Tamén poderá agregarse xente nova que será ben recibida.
Admitimos xente que non queira facerse socio/a e sí queira facer licenza, tanto de ciclismo, de orientación ou montaña e escalada.
Para todo iso debedes cubrir o formulario que está ao final da páxina e ingresar as cantidades pertinentes no seguinte número de conta de La Caixa: ES49 2100 5902 74 0100060661, especificando nome e apelido + cota socio ou licenza (ciclismo, raid ou O-Pe, montaña).
Recordarvos que a cota de socios é de 30 euros anuais, socio familiar (familiares que dependan economicamente dun socio) 1 euro, socio aspirante (menores de 18 anos) 15 euros.
Prazo límite para facer o pago 31 de marzo.
Os beneficios de ser socio son os seguintes:
Dependendo do diñeiro recardado da publicidade dos patrocinadores, cada socio terá unha cantidade de diñeiro, (20 euros) destinados para a compra de roupa da asociación e tamén facemos un baremo a final de ano dependendo das asistencias a probas representando á asociación, e das colaboracións nas probas que organizamos.
Na próxima asamblea decidirase a cuantía do remanente que se destinara a estos efectos, da división desta cuantía polo número total de puntos obtidos polos socios, obteráse a cuantía, que se multiplicará polos puntos que cada socio obtivo no baremo.
Puntuación maxima 6 Puntos.
Este ano temos pensado organizar:
- V Trail Concello de Arteixo (23 de outubro)
- V Trofeo O-Bm Concello de Arteixo (27 de febreiro)
- III Ruta Btt Jarnacha Concello de Arteixo (3 ou 4 de setembro)
A continuación detallámosvos os prezos das licenzas de ciclismo, de orientación e de montaña:
LICENZAS CICLISMO - TEMPADA 2016
Tanto para renovar como para novas licenzas, só tedes que cubrir o formulario que está ó final desta páxina.
Os que non estivestes federados en ciclismo no ano 2015, teredes que enviar o DNI escaneado a btt@adjarnachas.com
Calquera dúbida vos podedes poñer en contacto con nos no seguinte correo: btt@adjarnachas.com
PREZOS
LICENZAS ORIENTACIÓN E RAID TEMPADA 2016
Tanto para renovar como para novas licenzas, só tedes que cubrir o formulario que está ó final desta páxina.
Os corredores menores de 20 anos pagarán a licenza de tipo C aínda que se inscriban en categorías superiores.
Calquera dúbida vos podedes poñer en contacto con nos no seguinte correo: orientacion@adjarnachas.com
PREZOS
LICENZAS DE MONTAÑA E ESCALADA TEMPADA 2016
Tanto para renovar como para novas licenzas, só tedes que cubrir o formulario que está ó final desta páxina.
Calquera dúbida vos podedes poñer en contacto con nos no seguinte correo: running@adjarnachas.com
PREZOS
Tamén se realizará unha asemblea xeral o ¿? de decembro ás ¿? horas en Apemax, enderezo: Avda. Alcalde Manuel Platas Varela 93, 1, Vilarrodís, Arteixo.
Esperamos contar con tod@s vós de novo, un saúdo e felices festas.