COTAS DE SOCIO E LICENZAS 2017

Fecha de publicación: 12-dic-2016 18:44:11

COTAS DE SOCIO E LICENZAS 2017

Hola a tod@s, dirixímonos a vós para informarvos, como xa saberedes, que cumplimos o noso quinto ano como asociación, polo que é hora de renovar licenzas e cotas de socios. Tamén poderá agregarse xente nova que será ben recibida.

Admitimos xente que non queira facerse socio/a e sí queira facer licenza, tanto de ciclismo, de orientación ou montaña e escalada.

Para todo iso debedes cubrir o formulario que está ao final da páxina e ingresar as cantidades pertinentes no seguinte número de conta de La Caixa: ES49 2100 5902 74 0100060661, especificando nome e apelido + cota socio ou licenza (ciclismo, raid ou O-Pe, montaña).

Recordarvos que a cota de socios é de 30 euros anuais, socio familiar (familiares que dependan economicamente dun socio) 1 euro, socio aspirante (menores de 18 anos) 15 euros.

Prazo límite para facer o pago 31 de marzo.

Os beneficios de ser socio son os seguintes:

Dependendo do diñeiro recardado da publicidade dos patrocinadores, cada socio terá unha cantidade de diñeiro, (20 euros) destinados para a compra de roupa da asociación e tamén facemos un baremo a final de ano dependendo das asistencias a probas representando á asociación, e das colaboracións nas probas que organizamos.

Na próxima asamblea decidirase a cuantía do remanente que se destinara a estos efectos, da división desta cuantía polo número total de puntos obtidos polos socios, obteráse a cuantía, que se multiplicará polos puntos que cada socio obtivo no baremo.

Puntuación maxima 6 Puntos.

Este ano temos pensado organizar:

  1. VI Trail Concello de Arteixo o 29 de outubro.
  2. IV Ruta Btt Jarnacha Concello de Arteixo

A continuación detallámosvos os prezos das licenzas de ciclismo, de orientación e de montaña:

LICENZAS CICLISMO - TEMPADA 2017

Tanto para renovar como para novas licenzas, só tedes que cubrir o formulario que está ó final desta páxina.

Os que non estivestes federados en ciclismo no ano 2016, teredes que enviar o DNI escaneado a btt@adjarnachas.com

Calquera dúbida vos podedes poñer en contacto con nos no seguinte correo: btt@adjarnachas.com

PREZOS

Aquí tendes os prezos das licenzas: Prezos 2017

Autorización paterna para menores de 18 anos: Autorización paterna.

LICENZAS ORIENTACIÓN E RAID TEMPADA 2017

Tanto para renovar como para novas licenzas, só tedes que cubrir o formulario que está ó final desta páxina.

Os corredores menores de 20 anos pagarán a licenza de tipo C aínda que se inscriban en categorías superiores.

Calquera dúbida vos podedes poñer en contacto con nos no seguinte correo: orientacion@adjarnachas.com

PREZOS

Aquí tedes os prezos das licenzas: Prezos 2017

LICENZAS DE MONTAÑA E ESCALADA TEMPADA 2017

Tanto para renovar como para novas licenzas, só tedes que cubrir o formulario que está ó final desta páxina.

Calquera dúbida vos podedes poñer en contacto con nos no seguinte correo: running@adjarnachas.com

PREZOS

Aquí tedes toda a info cos prezos das licenzas. FGM Licenzas

Tamén se realizará unha asemblea xeral o ¿? de decembro ás ¿? horas en Apemax, enderezo: Avda. Alcalde Manuel Platas Varela 93, 1, Vilarrodís, Arteixo.

Esperamos contar con tod@s vós de novo, un saúdo e felices festas.