COTAS DE SOCIO E LICENZAS 2013

Fecha de publicación: 14-dic-2012 8:52:28

Hola a tod@s, dirixímonos a vós para informarvos, como xa saberedes, que cumprimos un ano como asociación e polo que é hora de renovar licenzas e cotas de socios. Tamén poderá agregarse xente nova que será ben recibida.

Para todo iso debedes cubrir o formulario que está ao final da páxina e ingresar as cantidades pertinentes no seguinte número de conta de La Caixa: 2100 5902 74 0100060661, especificando nome e apelido + cota socio ou licenza (ciclismo, raid ou O-Pe).

En breve teremos dispoñible unha pasarela electrónica na nosa web, para que poidades realizar todos os pagamentos a través dela.

Recordarvos que a cota de socios é de 30 euros anuais, socio familiar (familiares que dependan economicamente dun socio) 1 euro, socio aspirante (menores de 18 anos) 15 euros.

A continuación detallámosvos os prezos das licenzas de ciclismo e de orientación:

LICENZAS CICLISMO - TEMPADA 2013

Os que renovedes a licenza do ano anterior só tedes que pasar porApemax a asinar a renovación que nos enviou a federación, antes chamar para quedar con Alfredo.

Os demais tedes que cubrir o formulario que se achega, e unha fotocopia do DNI.

Formulario licenzas ciclismo

Instrucións para cubrir o formulario:

No apartado 1 Categoría, en Nacional, escribides a licenza que queredes (Cicloturista, máster 30, máster 40, máster 50, máster 60, sénior, elite, júnior).

No apartado 2 Especialidade, seleccionades as modalidades que practicades (tranquilos é só con carácter estatístico)

No apartado 3 Datos do solicitante, cubrides os vosos datos.

Agora só vos queda asinar na segunda folla, non poñades data, e enviádeo por email btt@adjarnachas.com ou entregádeo en Apemax Avda. Alcalde Manuel Platas Varela 93, 1, Vilarrodís, Arteixo.

Os prezos son os seguintes:

LICENZAS ORIENTACIÓN E RAID

TEMPADA 2013

Tanto para renovar como para novas licenzas, só tedes que cubrir o formulario que está ó final desta páxina.

Os corredores menores de 20 anos pagarán a licenza de tipo C aínda que se inscriban en categorías superiores.

Os prezos son os seguintes:

Tamén se realizará unha asemblea xeral o xoves 27 de decembro ás 20:30 horas en Apemax, enderezo: Avda. Alcalde Manuel Platas Varela 93, 1, Vilarrodís, Arteixo.

Formulario

Esperamos contar con tod@s vós de novo, un saúdo e felices festas.